A caza da perdiz polos montes e labradíos de Galicia. Pero por ser esta unha afición pouco ecolóxica, fun co tempo, trocando as vivencias en lembranzas. E por ser tamén unha das miñas aficións relatar "cousiñas", aventuras que a saudade mantén vivas na mente do cazador que deixou a sua Terra nos mellores anos da sua vida. Quizá conte alguna desas vivencias se consigo mesturar en axeitada proporción, as xustas partes de verdade e de mintira que adoitan compoñer un relato de aventuras dun cazador.
Tamén ocupa un lugar destacado entre as miñar angueiras de vagar, a sesta, durmir unha boa sesta no veran, tras do palleiro. Con esta saludable afición pasoume coma coa caza: esmoreceu no tempo e na distancia. Non me rendín ó primeiro, pois ata intentei convencer á miña Dona pra que me deixara plantar un palleiro na sala; foi inútil, coma sempre, gañou éla e tiven que aceptar durmir a sesta nun sofá .
A terceira das miñas aficións é un pouco máis ecolóxica: ciclismo, se facer ciclismo é xuntar cos amigos e irmos un día á semana almorzar a alpicat: carne á brasa, viño tinto ( sen gaseosa ), un carajillo de coñac peleón, unha boa faria e, volta pra casa - costa abaixo - que non somos tontos, non imos almorzar a sitio ou lugar que vaia contra as leis da Natureza.
Estado civil:
Casado/a
Cuéntanos algo más sobre ti:
Xa iremos falando, porque non me gusta conta-la miña vida así de boas a primeiras. Bueno, son unha persoa ben parecida, culto e moi educado ( eso salta á vista) e moi modesto na auto evaluación que fago. Un trunfador nato, gracias á miña extraordinaria intelixencia; moito miolo, moito....moito . Inda era un neno que ía á escola e soñaba coa douitrina, dicía soñando, o catecismo de cabo a rabo . Tal era a miña teima intelectual co catecismo que meu pai decidiu quitarme da escola por mor de que non toleara coa sabeduría. E coido que alí, nesa sabia decisión de meu pai, estivo a miña futura salvación. Deus sabe qué tivera sido de min se fora dar co meu privilexiado miolo ás aulas da Universidade . Gracias, digo, a aquela decisión, puiden disfrutar de troulas e borracheiras, relacionarme con moita xente e entenderme con todos, con todos menos cos que foron á Universidade, pero eses eran poucos, e se non me entendían, peor pra eles
Comentario (6 comentarios)
Necesitas ser un miembro de Red social CENGALLEI para añadir comentarios!
Coincido contigo, amigo Cotono, nalgunhas aficcións comúns: poño por caso a sesta e o cilcismo. A primeira non é que a practique, é que se non a emprego póñome algo "terco" e "pouco obediente" polo serán, ata figúrome outra persoa segundo me atope con coñecidos ou veciños. A segunda, o ciclismo practícoo un pouco solitariamente, posto que aínda non atopei os compañeiros axeitados que sexan capaces de seguir o meu ritmo (pouco atlético, debido á pouca dedicación que lle puxen ultimante), pero ando buscando e procurando quen me acompañe para percorrer o Camiño dende León ata Santiago na primeira semana de xullo (xa teño dous "colegas" que están dispostos a acompañarme, pero se somos algún máis, mellor). De momento estou entrenándome tan só os fins de semana, e algún día solto tamén. Procuro facer un percorrido non moi esixente (máis planiño ca montañoso, cun mínimo de 30 quilómetros). Quedas convidado por se desexas facer algunha cousa diferente. Por suposto coido que queda garantizado o almorzo, o xantar e outras viandas precisas para facer ben o camiño e darlle o abrazo correspondente ao apóstolo, se chegamos aló. Eu estou buscando os lugares precisos (naturais, que "non somos tontos") para que ese obxectivo se cumpla.
A las 9:30pm del mayo 18, 2008, jose antonio dijo...
A Carambiña
Era da Terra de Baixo ( máis aló do Cordal da Coba da Serpe). Baixaba polo bo tempo a pidir de casa en casa. Paseniñamente entrou na eira e foi sentar na pía do gando. Ninguén reparou na sua presenza, ata que pronuncióu o santo saúdo:
¡Ave María Purísima!.
Sen pecado concebida, responderon todos
Despois de pregar a Deus pola saúde de cantos ficaban alí, comenzou o consabido soliloquio: contou novas da Terra de Baixo, de festas, casamentos, crimes ou foliadas
Ela contaba e contaa mentras os demáis daban conta do rápido xantar, pra volveren axiña ós labores da seitura .
¡Ai, cómo adoezo destes pes! Levo tanto andado que teño as zocas lampas e mesmo furadas. Crávanseme no carcaño as pedras dos camiños e amólanme coma cravos
<¡ Ai, meu Deus adoradiño! Moito lles agradecería que miraran por ahí a ver se tiveran , tan xiquera unha zoquiña do pe dereito que é a que teño máis furada> .
Pasou un bo anaco. A vella pidindo a zoca e os demáis dando conta do rápido xantar sen que ninguén amosara nin chisco de atención polas suas mágoas .
¡Bueno!, dixo ó fin, con sorna, a Carambiña: Deus lle lo pague a todos, xa vexo que todo o mundo fai o que pode pero a zoquiña non aparece.
Cotono
Despois do "estudado" parrafeo de "Cotono", estou seguro que non conta ningunha "tolemia". Ogallá siga nesta liña e poidamos desfrutar, xuntos, das súas creacións e comentarios axeitados. Aseguro que tan axiña como teña un bocado de tempo de lecer e vagar, farei o posible para corresponderlle coas miñas aportacións, se me deixa, claro.
Saudiños.
Benvido José Antonio. Eres único. Lendo as túas cousas, non te imaxinas a farta de risa que me deu. Espero que sigas nesa liña e que nos contes moitas máis cousas, das que ben seguro, ainda che quedan gardadas na túa cachola. Unha fonda aperta.
Comentario (6 comentarios)
Necesitas ser un miembro de Red social CENGALLEI para añadir comentarios!
Participa en esta red social