Sí, ten un pouco de eco. A verdade é que eso que colguei é unha proba para ver se me afago co tema de "colgar" mp3 ou Wap, que aínda non o domino. EStou a familiarizarme co asunto e coido que "nun tempiño" sacarei o asunto adiante. Gracias por estar ao tanto dos meus degoiros.
A entrevista con Iria, escoitase con eco o é o meu problema?
A las 10:30pm del mayo 22, 2008, jose antonio dijo...
O Crego de Racamonde
O fenómeno do subconscente explícano moi ben os psicólogos e demáis lidos en temas do maxín . Eu penso que é un trasno que se nos mete no “ miolo” e que se adica a mesturar o que ocorre co que nos gustaría que ocorrese na nosa propia vida.
Ben o conto ó caso do que lle pasou, fai pouco, ó crego de Racamonde: Estivo, polo visto, xungando ás catas cos amigos da vila toda a noite do sábado, ata case o mencer do domingo, día del Señor. De modo que, polo que din, foi direto sen durmir a dici-la santa misa dominical .
Parece que o trasno esperábao precisamente alí, na casa del Señor . Consagrou o pan e o viño, ergueu o cáliz e dixo: Trunfa en copas
Cotono
A las 11:16pm del mayo 18, 2008, jose antonio dijo...
Hola Xulio. ´Na miña páxina verás un "lerio" dos meus que , inda que o escribín pensando en ti , tiven problemas pra colgalo na tua páxina , así que podes lelo na miña
apertas
A las 12:05am del mayo 16, 2008, jose antonio dijo...
Hola Xulio . Agradézoche o teu comentario encol da miña liña de expresión . Xa sabes que adoezo do "síndrome do aldeán", bueno, non sei se o termo é ou non axeitado á miña circunstancia. Quero dicir que non consigo esquecer a "mística" daquela cultura labrega, milenaria, arcaica, pero propia, herdada coma a terra que arei e sementei. Supoño que entenderás porqué sinto ás veces necesidade de "valeirar" dalgún xeito, parte das miñas lembranzas, coma se dunha cura da morriña se tretase.
Inda non sei ben o que se pretende coa interesante argallada esta. Supoño que se irán abrindo temas a debate, de maneira que cada un manifeste o seu punto de vista. Tampouco estou moi seguro de que deba escribir en galego, dado que a maioría dos membros desta rede non falan a nosa língoa. A miña participación será na liña que, máis ou menos, podo participar; relatiños de anacos da miña vida de rapaz da aldea. E, estes anacos da vida teño que contalos na lingua que os vivín. A "mística", xa me entendes....
Unha aperta
Ola a todos:
Acabo de conectarme.
Esta é unha idea fantástica.
O meu problema é o tempo, pero cando teña un bocadiño de espacio poreime e seguro que estarei ao tanto do que ides poñendo en marcha e "seguro" tamén , que vos "fusilarei todo aqueño que me vaia ben para poder aproveitar no meu intento de poñer en marcha o asunto de "Sempre en Galicia".
Graciñas por estar aí.
Por certo. Xa colguei no meu blog os dous "alalás" que interpretástedes na Igrexa de San Jaume o día do Encontro de Corais.
Saudiños, e ata logo.
Comentario (7 comentarios)
Necesitas ser un miembro de Red social CENGALLEI para añadir comentarios!
Participa en esta red social
O fenómeno do subconscente explícano moi ben os psicólogos e demáis lidos en temas do maxín . Eu penso que é un trasno que se nos mete no “ miolo” e que se adica a mesturar o que ocorre co que nos gustaría que ocorrese na nosa propia vida.
Ben o conto ó caso do que lle pasou, fai pouco, ó crego de Racamonde: Estivo, polo visto, xungando ás catas cos amigos da vila toda a noite do sábado, ata case o mencer do domingo, día del Señor. De modo que, polo que din, foi direto sen durmir a dici-la santa misa dominical .
Parece que o trasno esperábao precisamente alí, na casa del Señor . Consagrou o pan e o viño, ergueu o cáliz e dixo: Trunfa en copas
Cotono
apertas
Inda non sei ben o que se pretende coa interesante argallada esta. Supoño que se irán abrindo temas a debate, de maneira que cada un manifeste o seu punto de vista. Tampouco estou moi seguro de que deba escribir en galego, dado que a maioría dos membros desta rede non falan a nosa língoa. A miña participación será na liña que, máis ou menos, podo participar; relatiños de anacos da miña vida de rapaz da aldea. E, estes anacos da vida teño que contalos na lingua que os vivín. A "mística", xa me entendes....
Unha aperta
Saúdos.